Sectores

Somos referentes en proxectos de outsourcing integrais, a medida e especializados, nos que aplicamos a nosa ampla experiencia en reenxeñaría de procesos, as últimas tecnoloxías e equipos multidisciplinares de profesionais altamente cualificados.

Retail

Cubrimos todas as etapas, dende a xestión do almacén ata a dos probadores, pasando polo etiquetado, a reposición e o pasado de ferro das pezas. Ofrecemos tamén servizos de auditoría, control de calidade e mystery shopper.

Ver máis

Industria

Asumimos tarefas auxiliares, de loxística e xestión de cadeas de produción, etiquetado e información. Realizamos tarefas de procesado, manipulado e envasado cos máis altos estándares de calidade, eficacia, hixiene e protección ao consumidor final.

Ver máis

Comercial

A nosa forza de vendas está altamente cualificada e comprometida co seu labor comercial. Traballamos por obxectivos e formamos especificamente ao noso persoal na cultura corporativa de cada cliente en cada un dos sectores: telefonía, enerxía, servizos…

Ver máis

Atención a menores e dependentes

Posuímos unha ampla experiencia en servizos de transporte escolar, adaptado e discrecional. Somos especialistas en acompañamento de viaxeiros con necesidades especiais como menores e dependentes, cos maiores criterios de profesionalidade e flexibilidade no servizo.

Ver máis

Loxística

Somos especialistas en procesado, preparación e almacenaxe de mercadorías, control e xestión de stocks. Tarefas de control e análise de riscos nas operacións e coordinación do almacén cos departamentos de contabilidade e inventario. Frota propia para repartición.

Ver máis

Xestión de punto de venda

Realizamos todo o proceso de implantación de produtos en expositores segundo planogramas, a súa xestión e actualización. Implantamos accións de merchandising e controlamos o rexistro de información en punto de venda e a elaboración de rutas e a loxística de expositores e produtos.

Ver máis

Hostalería

Ofrecemos persoal cualificado para tarefas de limpeza, mantemento, restauración, servizos de sala e atención ao cliente. Achegamos a flexibilidade temporal, a axilidade na resposta e capacitación do persoal adecuada ás especiais necesidades do sector.

Ver máis

Servizos

Adaptámonos a calquera necesidade de persoal para a realización de eventos, convencións ou espectáculos deportivos. Garantimos os mellores equipos de azafatas, guías, ordenanzas, control de accesos e outros servizos de apoio para os nosos clientes.

Ver máis