O Grupo

Grupo Externa conta con distintas divisións empresariais para as súas diferentes áreas de actividade, sectores e clientes.

Externa Servicios

A través de Externa Servicios desenvolvemos proxectos integrais, a medida e especializados para as áreas que se poden externalizar nos sectores industriais e de servizos, e nas actividades auxiliares das empresas. Para iso dispoñemos de profesionais de recoñecido prestixio e ampla experiencia, especialistas en cada unha das liñas de negocios. A nosa filosofía baséase nunha xestión eficaz dos procesos e na mellora da produtividade, a competitividade e a rendibilidade.

Os nosos clientes benefícianse de:

  1. Redución de gastos e aforro en tempo, esforzo e man de obra que poden dedicar a outros aspectos críticos do seu negocio.
  2. Implantación de solucións e procedementos innovadores para elevar a eficacia e a produtividade das cadeas de produción.
  3. Redución dos custos de operación, loxística, formación profesional e capacitación.
  4. Maior especialización e valor engadido nos proxectos de xestión integral de RRHH, de selección de persoal e de análise e descrición dos postos de traballo.
  5. Máis axilidade na supervisión, detección e resolución de incidencias.
  6. Aumento da rendibilidade e a flexibilidade operativa.
  7. Control e análise de riscos en operacións.

Externa ETT

Operamos como empresa de traballo temporal (nº 79/0280/14). Poñemos a disposición dos nosos clientes servizos de contratación, selección e avaliación de persoal para as diferentes categorías profesionais, sempre adaptados aos seus proxectos e necesidades. Somos especialistas en Traballo Temporal e en consultoría en RRHH.

As vantaxes para os nosos clientes son:

  1. Xestión integral de recursos humanos: selección, prevención de riscos laborais, contratación, formación, crecemento e motivación de persoas.
  2. Inmediatez para incorporar os mellores candidatos no menor tempo.
  3. Servizo propio de Prevención de Riscos Laborais.
  4. Solvencia económica. Cumprimos como ETT con todos os requisitos esixidos por lei e dispoñemos de todos os avais ante a administración.
  5. Solvencia técnica. Contamos con amplas bases de datos por sectores empresariais así como de especialistas de selección de persoal, consultores de desenvolvemento de RRHH e técnicos en Prevención de Riscos Laborais.
  6. Asesoría xurídica especializada para operar nun sector regulado e cunha xurisprudencia cambiante.

BTS Backoffice & Telephone Service

Dende a nosa empresa especializada en externalización comercial achegamos os mellores medios técnicos e humanos nas accións de forza de venda para dar apoio aos nosos clientes en venda de produtos estacionais, reforzo de redes comerciais, expansión a novos mercados, introdución de novos produtos e promoción de canles específicas.

Contamos cunha ampla experiencia nos principais sectores (financeiro, telecomunicacións, enerxía, alimentación…) e cubrimos todos os aspectos do deseño, xestión e organización de Puntos de Venda, call-center e CRM.

BTS Telecomunicaciones

A través desta empresa especializada en servizos de telecomunicacións, organizamos e executamos na súa integridade a implantación de tendas de telefonía móbil de compañías en proceso de expansión. Somos referentes en innovación, desenvolvemento e eficiencia en telecomunicacións. Aválanos a experiencia adquirida como distribuidores exclusivos nas zonas de apertura das principais compañías de telefonía que operan en España.

Externa Formación

En Externa Formación apoiamos ás organizacións nas necesidades de formación e especialización do seu capital humano, e poñemos á súa disposición plans formativos integrais, adaptados ás distintas necesidades e ás distintas metodoloxías. O noso obxectivo é mellorar o rendemento de persoas e compañías a través da nosa experiencia en formación e desenvolvemento.

Externa Selección

En Grupo Externa axudámoslle a identificar e atraer o directivo que a súa empresa necesita. Seleccionamos os mellores profesionais de confianza que sexan capaces de acadar resultados e asegurar o futuro da súa empresa. O noso servizo de ‘headhunting’ avalía o nivel de competencias dos seus equipos de traballo, ou daqueles que desexe incorporar, para determinar a dimensión real e potencial dos seus coñecementos e habilidades. Axudámoslle a tomar as decisións correctas cunha visión clara a través dunha avaliación de capacidades e habilidades de liderado.