Os mellores profesionais e solucións externas para o seu negocio
Incrementamos a produtividade e resultados dos nosos clientes
Flexibilidade, solvencia, innovación e aforro de custos

Expertos na xestión de recursos e profesionais

Grupo Externa ofrece aos seus clientes un servizo de externalización personalizado para que poidan centrarse no foco do seu negocio. Achegamos os mellores recursos técnicos, os profesionais máis cualificados e os procesos máis innovadores.

Os nosos valores

Confianza

Apostamos por ser provedores únicos de solucións múltiples para os nosos clientes. Traballamos co máximo compromiso facendo nosos os seus obxectivos e axudándolles a xestionar os cambios do mercado.

Eficiencia

En Grupo Externa somos especialistas en desenvolver accións para a redución, control e adecuación dos custos e procesos ineficientes, e tamén simplificamos os procesos de selección de persoal dos nosos clientes.

Solvencia

Garantimos a seguridade económica, xurídica e profesional imprescindible para levar a cabo os procesos. Dispoñemos de asesoría legal especializada na área laboral e servizo propio de prevención de riscos.

Talento

Dende Grupo Externa achegamos os mellores profesionais, con excelente formación e cualificación, para acadar os obxectivos dos nosos clientes e empregamos as tecnoloxías para facer rendibles ao 100% os procesos externalizados.

Descubra que podemos facer pola súa organización

Vantaxes

Especialización

Persoal cualificado para acadar unha maior eficiencia, competitividade e produtividade.

Autonomía

Liberación da xestión de procesos auxiliares para aumentar o foco no núcleo do seu negocio.

Optimización de custos

Conversión dos custos fixos en variables e aforro en man de obra, loxística e formación.

Flexibilidade

Creación de estruturas dinámicas adaptables aos diferentes escenarios do mercado.

Innovación

Reenxeñaría de procesos e aplicación das TIC para solucións de externalización.

Diminución de riscos

Solucións inmediatas ante continxencias laborais, operativas e tecnolóxicas.

Coñeza máis de nós