A nosa historia

Grupo Externa nace no 2006 froito da experiencia na xestión de Recursos Humanos e na externalización de servizos do seu fundador e director xeral, Pastor López Docampo. Dende a súa creación, Grupo Externa centrou o seu modelo de negocio en ofrecer aos seus clientes os mellores servizos, os profesionais máis cualificados, a maior flexibilidade e os custos máis adecuados.

Para iso, Grupo Externa desenvolveu un método de traballo baseado no servizo ao cliente coa personalización, a flexibilidade, a solvencia e a innovación como principais eixes de acción. A través das súas distintas divisións, os equipos de Grupo Externa traballan de xeito conxunto cos seus clientes para coñecer as súas necesidades e converterse nunha extensión do seu negocio. Apostamos por relacións a longo prazo que nos permitan crecer cos nosos clientes e mellorar a súa produtividade a través da optimización dos seus recursos e profesionais.

Con esta filosofía fomos crecendo, engadindo ao noso equipo profesionais expertos en distintos sectores: retail, alimentación e conservas, telecomunicacións, enerxía, hostalería, loxística… Con cada cliente gañamos experiencia, demostramos a nosa solvencia tanto técnica como económica e xurídica, e conseguimos facer nosos os seus obxectivos para levalos a cabo.

En Grupo Externa dispoñemos dun equipo de máis de 1.900 profesionais que operan en varias delegacións en toda España e Portugal

Nestes momentos, Grupo Externa afronta un ambicioso plan de expansión. Poñemos a disposición dos nosos clientes un equipo de máis de 1.900 profesionais que operan en varias delegacións en toda España e Portugal.

Queremos crecer cos nosos clientes e preparámonos para afrontar con eles novos retos sen abandonar os nosos sinais de identidade. A proximidade, a personalización e a capacidade de optimizar os custos, estruturas e liñas de produción e innovación, seguirán sendo as nosas chaves para seguir sendo pioneiros na excelencia do sector do outsourcing.

Pastor López Docampo, fundador y director general de Grupo Externa.

Pastor López Docampo, fundador e director xeral de Grupo Externa.